SERVICIOS ESENCIALES - CAMBIOS INTRODUCIDOS POR LA RESOLUCIÓN DEL 14 DE ABRIL RESPECTO A LA DE 24 DE MARZO



LA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA SE EQUIVOCA EN EL "COPIA Y PEGA" DE LA RESOLUCIÓN DEL MINISTERIO Y SE VE OBLIGADA A RECTIFICAR A INSTANCIAS DE UGT-JUSTICIA
A Xunta remite a seguinte nota aclaratoria á  Resolución do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se determinan os servizos mínimos na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, adaptándoos ao Real decreto lei 487/2020, do 10 de abril.

Ante as diversas consultas formuladas, aclárase o seguinte:
No que atinxe aos órganos unipersoais, a resolución do Ministerio de Xustiza, e a súa adaptación en Galicia a través da Resolución do 14 de abril, comprende neste tipo de órganos a presenza obrigada dun xestor ou dun tramitador por xulgado, e a maiores, a dun auxilio xudicial por cada grupo de xulgados descritos na Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 14 de abril.

POLO TANTO QUEDA DO SEGUINTE MODO:


1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para cada SALA.
MODIFICACIÓN: ”En cada unha das seccións orgánicas ou funcionais das súas salas”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para cada SECCIÓN.

Secretaría de Goberno: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
QUEDA IGUAL

Gabinete Técnico da Presidencia: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
QUEDA IGUAL

Oficina de Rexistro e Repartición.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
MODIFICACIÓN: ”así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir”.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e o letrado poderá chamar ao persoal que se atope en quenda de dispoñibilidade.

2. Audiencias Provinciais
Seccións civís
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR por cada dúas seccións ou fracción e 1 AUXILIO para todas as seccións.
MODIFICACIÓN: ”un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., e mais 1 funcionario do corpo de AUXILIO xudicial, por cada unha das respectivas seccións”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO por cada sección CIVIL, PENAL O MIXTA

Oficina de Rexistro e Repartición
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
MODIFICACIÓN: ”así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir”.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e o letrado poderá chamar ao persoal que se atope en quenda de dispoñibilidade

3. Xulgados unipersoais:

- Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución de garda: Os funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente.
QUEDA IGUAL

- Xulgados de violencia sobre a muller exclusivos de A Coruña e Vigo: 1 XESTOR, 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO.
QUEDA IGUAL

- Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución que no estean de garda, e xulgados de instrución con competencias en violencia sobre a muller.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR, e os que teñen competencias en violencia sobre a muller 1 AUXILIO.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR por xulgado, 1 AUXILIO para cada 4 xulgados

- Xulgados do penal.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para cada dous xulgados ou fracción desta clase do partido xudicial, e 1 AUXILIO para todos os xulgados.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR por xulgado, 1 AUXILIO para cada 4 xulgados.

- Xulgados do mercantil.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial
MODIFICACIÓN: ”un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada xulgado, e un funcionario do corpo de AUXILIO xudicial por cada catro xulgados ou fracción”.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada xulgado e 1 AUXILIO para cada 4 xulgados.

- Xulgados de primeira instancia
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
MODIFICACIÓN: ”un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada xulgado, e un funcionario do corpo de AUXILIO xudicial por cada catro xulgados ou fracción”.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada xulgado e 1 AUXILIO para cada 4 xulgados.

- Xulgados de primeira instancia especializados en Dereito de Familia:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
MODIFICACIÓN: ”un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada xulgado, e un funcionario do corpo de AUXILIO xudicial por cada catro xulgados ou fracción”.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada xulgado e 1 AUXILIO para cada 4 xulgados.

- Xulgados do social: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR, e 1 AUXILIO para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR por xulgado e 1 AUXILIO para cada 4 xulgados

- Xulgados do contencioso-administrativo:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR por xulgado e 1 AUXILIO para cada 4 xulgados

- Xulgado de vixilancia penitenciaría:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
MODIFICACIÓN: ”e un funcionario do corpo de AUXILIO xudicial”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO
- Xulgado de menores: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
MODIFICACIÓN: ”e un funcionario do corpo de AUXILIO xudicial”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO.

- Servizo común de notificacións e embargos:
1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO.
QUEDA IGUAL

- Decanatos - Oficina de rexistro e reparto:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada sede.
MODIFICACIÓN: ”O letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada sede y el letrado poderá chamar ao persoal que se atope en quenda de dispoñibilidade.

- Servizo común de atención ao cidadán e á vítima: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR en cada oficina.
QUEDA IGUAL

- Xulgados de paz: 1 FUNCIONARIO, cunha atención horaria reducida de 10:00 a 13:00 H.
QUEDA IGUAL

4º Rexistros civís:

- Rexistros civís exclusivos:
24 DE MARZO: 2 XESTORES/TRAMITADORES
MODIFICACIÓN: ”así como, se for o caso, aqueles funcionarios, incluídos os do corpo de AUXILIO xudicial, que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable determine para atender os servizos esenciais declarados nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que, dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo”.
14 DE ABRIL: 2 XESTORES/TRAMITADORES e o letrado poderá chamar ao persoal que se atope en quenda de dispoñibilidade para a prestación exclusivamente de servizos esenciais, e introdúcese a posibilidade do teletraballo de forma voluntaria

- Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución con funcións de rexistro civil:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO.
MODIFICACIÓN: ”Ademais dos que deban estar presentes pola quenda xeral nos xulgados de primeira instancia ou de primeira instancia e instrución, ou dos de rexistro e repartición se fora un funcionario destes mesmos xulgados, o letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación cando o estime preciso para atender os servizos esenciais nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que, dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO e o letrado poderá chamar ao persoal que se atope en quenda de dispoñibilidade para a prestación exclusivamente dos servizos esenciais, para isto non contan os que estean de servizo no órgano xudicial pola quenda que lle corresponda ao mesmo, incluído o Decanato. E introdúcese a posibilidade do teletraballo de forma voluntaria.

5º Fiscalías: deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais un 10% aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación P.A. e de AUXILIO xudicial de cada unidade.
- Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma:
24 DE MARZO: 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR
MODIFICACIÓN: ”...ou do corpo de AUXILIO xudicial”
14 DE ABRIL: 1 XESTOR, TRAMITADOR ou AUXILIO. Por tanto, entran os 3 corpos  na quenda.

- Fiscalías provinciais:
24 DE MARZO: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR.
MODIFICACIÓN: ”ou do corpo de AUXILIO xudicial nas de Lugo e Ourense, e dous funcionarios nas da Coruña e Pontevedra”
14 DE ABRIL:
Fiscalía provincial de Lugo e Ourense 1 XESTOR, TRAMITADOR ou AUXILIO. Por tanto, entran os 3 corpos  na quenda.
Fiscalía provincial da Coruña e Pontevedra entran 2 funcionarios á quenda, de calquera dos 3 corpos

- Fiscalías de área:
24 DE MARZO: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, 1 XESTOR OU 1 TRAMITADOR nas de Santiago e Vigo.
MODIFICACIÓN: ”ou do corpo de AUXILIO xudicial na de Santiago, e dous funcionarios na de Vigo”
14 DE ABRIL:
Fiscalía de Área de Santiago 1 XESTOR, TRAMITADOR ou AUXILIO. Por tanto, entran os 3 corpos na quenda.
Fiscalía de Área de Vigo entran 2 funcionarios á quenda, de calquera dos 3 corpos.

6º Instituto de Medicina Legal:
24 DE MARZO: Os médicos FORENSES de garda.
MODIFICACIÓN: Un funcionario para cada subdirección territorial, designado pola directora do Imelga
14 DE ABRIL: Os médicos FORENSES de garda e 1 funcionario de calquera dos tres corpos en cada subdirección territorial.

OUTRAS CUESTIÓNS INTRODUCIDAS POLA RESOLUCIÓN DE 14 DE ABRIL

CUESTIÓNS RELATIVAS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS:
Ademais dos servicios esenciais fixados pola Resolución do Secretario de Estado de Xustiza con data 14 de marzo de 2020, acórdase a prestación de los seguintes servizos:
1. O rexistro de todos os escritos presentados nas oficinas xudiciais e fiscais de forma telemática, así como a súa repartición aos órganos competentes.
2. A levanza de todos aqueles procedementos non enmarcados na categoría de servizos esenciais, sempre que o permitan os medios dispoñibles.
3. A realización no prazo máis breve posible de todas as inscricións de falecemento e nacemento presentadas, así como a levanza dos procedementos do Rexistro Civil non enmarcados na categoría de servizos esenciais, sempre que o permitan os medios dispoñibles.

CUESTIÓNS RELATIVAS Á DOTACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS:
 Para garantir o adecuado funcionamento de sedes e tribunais durante a vixencia do estado de alarma, o servizo público de Xustiza debe ser atendido a través das seguintes modalidades:

Modalidade de traballo presencial por quendas: o persoal incluído no anexo desta resolución prestará o servizo público nun réxime de quendas que serán establecidas, nos seus respectivos ámbitos competenciais, polos secretarios coordinadores provinciais ou de Goberno, os fiscais xefe ou a directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Modalidade de plena dispoñibilidade: o persoal ao que non lle corresponda asistir ao seu posto de traballo pode ser requirido para a prestación de calquera servizo que non poida ser realizado á distancia ou para calquera incidencia que se poida presentar en relación cos servizos esenciais, para o cal debe estar dispoñible e plenamente localizable durante toda a xornada laboral.

Modalidade de teletraballo: o persoal que dispoñendo de dispositivos con accesos seguros aos sistemas e aplicacións de xestión procesual poida prestar voluntariamente o servizo poderá realizar as súas funcións desde o seu domicilio, e subministrará o apoio que lle sexa requirido para prestar os servizos esenciais.

Estas modalidades de prestación do servizo deben atender á totalidade das funcións ordinarias correspondentes ao posto de traballo na medida en que o permitan os medios dispoñibles, dando preferencia aos servizos declarados esenciais e sen prexuízo das limitacións impostas pola suspensión de termos e a suspensión e interrupción dos prazos procesuais.

PERSOAL EXENTO POR PADECER PATOLOXÍAS SUSCEPTIBLES DE AGRAVARSE POLO COVID-19

Aquel persoal que teña concedido permiso por deber inescusable, ou que solicitara a exención por padecer patoloxías susceptibles de agravarse co contaxio da COVID-19, non poderá ser chamado a participar nas quendas presenciais ou de dispoñibilidade.