EGAP – CONVOCATORIA DO “PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN”


No DOG de 03/04/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2020 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).