COMO SOLICITAR O TELETRABALLO

A DIRECCIÓN XERAL ACCEDE AO PEDIDO POR UGT NA VIDEOCONFERENCIA E COLGA NA INTRANET UN PROTOCOLO DE COMO SOLICITALO
Na videoconferencia celebrada onte (29-04-2020) UGT solicitou que se publicase na intranet un protocolo de como pedir o teletraballo, protocolo que xa estaba feito para os funcionarios da Xunta de Galicia.

DESCRICIÓN TRAMITACIÓN DA SOLICITUDE DE TELETRABALLO

REQUISITOS PARA PODER TELETRABALLAR?
- Dispoñer de medios técnicos propios.
- Coñecer e cumprir as normas de prevención de riscos laborais.
COMO SOLICITAR O TELETRABALLO?
- O funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración deXustiza, Fiscal Xefe ou Subdirector do Imelga) co seguinte texto:
-- Funcionario que solicita o teletraballo:
-- Nome e apelidos:
-- Correo electrónico (@xustiza.gal):
-- DNI:
-- Corpo:
-- Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo);

-- DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.
-- O superior funcional debe autorizar o teletraballo.Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:
- Responsable funcional que autoriza o teletraballo:
-- Nome e apelidos:
-- Corpo:
-- Órgano xudicial do que son responsable:

CANDO PODO COMENZAR A TELETRABALLAR?
- Unha vez tramitada a solicitude de alta no servizo de conexión remota á Rede Corporativa da Xunta de Galicia mediante VPN, recibirás na túa conta de correo corporativa o manual coas instrucións para a súa configuración.
- É importante consultar con frecuencia a conta de correo debido a que é o medio polo que se comunicará a activación do acceso mediante VPN. Lembra verificar que non tes a caixa de correo chea (ocupación 100%) para garantir que recibes as comunicacións.
- Unha vez que teñas recibida a confirmación xa poderás conectarte á rede corporativa, coa posibilidade de realizar escritorio remoto ao teu equipo de posto de traballo na sede xudicial.
- Se precisas asesoramento ou soporte técnico para a configuración da conexión remota VPN podes contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.

DOCUMENTOS ADXUNTOS:
MODELO DE SOLICITUDE: Solicitude de acceso remoto a rede de xustiza para Xuíces, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza. Podese descargar e cubrir.
VIDEO EXPLICATIVO DE COMO INSTALAR VPN: Como habilitar a VPN no ordenador windows da miña casa.

VIDEO EXPLICATIVO COMO CONECTAR: Como conectar dende o ordenador da miña casa ao ordenador do traballo.