EGAP – CONVOCATORIA DUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO PARA PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO

No DOG de 02/04/2020 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2020 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.



"As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 9 de abril de 2020."