INSTRUCIÓNS PARA FACER A SOLICITUDE DO TELETRABALLO



Tal e como así se recolle literalmente na páxina de Intranet da Dirección Xeral de Xustiza:

O funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración de Xustiza, Fiscal Xefe ou Subdirector do Imelga) co seguinte texto (modelo de solicitude):

Funcionario que solicita o teletraballo:

Nome e apelidos:

Correo electrónico (@xustiza.gal):

DNI:

Corpo:

Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo):

DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.

O superior funcional debe autorizar o teletraballo. Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:

Responsable funcional que autoriza o teletraballo: 

Nome e apelidos:

Corpo:

Órgano xudicial do que son responsable:

NOTA: Para os que formulen a solicitude por primeira vez. Aqueles que xa estean teletraballando NON teñen que facer unha nova solicitude.