CONVOCATORIA – LIBRE DESIGNACIÓN – SECRETARIO DO FISCAL XEFE PROVINCIAL DE LUGO


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

ORDE do 17 de xuño de 2020 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Denominación do posto: secretario/a do fiscal xefe provincial.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 7.702,10 euros.
Corpo ou escala: xeral/tramitador procesual e administrativo.
Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,
Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).
Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (Lugo).
Localidade: Lugo.

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.