Estase
a remitir o seguinte comunicado pola Dirección Xeral de Xustiza en
relación ao procedemento a seguir para a declaración de traballad@r
potencialmente sensible ao COVID-19.
“Conforme
á Resolución desta Dirección Xeral do 11 de maio de 2020, pola que
se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade
Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se
aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan desescalada para a
Administración de xustiza ante a COVID-19, disponse que o persoal
que, por ser grupo de risco, solicitase o permiso por deber
inescusable, autorizaráselle dito permiso de forma provisional ata
recibir o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
No
DOG do 19 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 18 de maio de
2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a
diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación
de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de
Galicia (Cecop) do 16 de maio de 2020. Entre os acordos publicados,
figura o relativo á Guía de actuación preventiva ante o
coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos
procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais,
establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a
prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa
prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de
protección dos traballadores, con especial referencia aos
especialmente sensibles.
Na
definición do procedemento ao seguir, o/a traballador/a deberá
presentar unha solicitude ante o Servizo de Prevención de Riscos
Laborais, na cal exprese que concorren causas para a súa
consideración como grupo vulnerable.”
A
dita solicitude deberá ser remitida polo/a traballador/a ao correo:
prevencion.riscos.laborais@xunta.gal.