GUÍA DE ACTUACIÓN PREVENTIVA ANTE O CORONAVIRUS NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNDADE AUTÓNOMA DE GALICIA QUE A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA PRETENDE IMPOÑER AO PERSOAL DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA



UGT manifesta que calquera guía de actuación terá que ser negociada cos representantes sindicais do persoal ao servizo da Administración de xustiza, feito que non se produciu, polo que nos opoñémos a que se nos aplique o contido da referida guía do persoal dos corpos xerais autonómicos.

En relación á guía de actuación do persoal autonómico (modificada por Resolución 18/05/2020), dicir:

Publicado en DOG o Acordo que modifica o procedemento de recoñecemento da especial sensibilidade dos traballadores da Administración Autonómica a través do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Logo da posta en marcha dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral das distintas Consellerías, e en concreto do da Medio Rural, UGT en consonancia co resto das Organizacións Sindicais viñamos demandando unha corrección do procedemento establecido, por consideralo excesivamente longo e confuso para o persoal. Na reunión do pasado sábado do Cecop procedeuse á súa modificación atendendo aos seguintes parámetros:

Está expresamente excluído do ámbito de actuación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais:
- O persoal do Sergas dos centros sanitarios.
- O persoal destinado en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
- Aqueles outros entes ou organismos que contan con servizo de prevención propio ou alleo.

PROCEDEMENTO DE DETERMINACIÓN DUN/DUNHA TRABALLADOR/A COMO ESPECIALMENTE SENSIBLE

O servizo sanitario do SPRL debe:
- Avaliar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación coa infección de coronavirus.
- Establecer a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e
emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección.
Para iso, terá en conta a existencia ou inexistencia dunhas condicións que permitan realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde da persoa traballadora.

Os grupos vulnerables para COVID-19, son as persoas:
- con diabetes
- enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión
- enfermidade pulmonar crónica
- inmunodeficiencia
- cancro en fase de tratamento activo
- embarazo
- maiores de 60 anos.

Nos anexos I e II da Guía de actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, recóllense os distintos escenarios que se poden dar co persoal incluído como grupo vulnerable e indícanse, de ser o caso, as adaptacións de tarefas que a consellería deberá realizar para que poida seguir desempeñando o seu posto de traballo.

O feito de que o/a traballador/a presente algunha das patoloxías indicadas ou teña máis de 60 anos non determina a súa consideración de traballador como especialmente sensible, senón que deberá seguir traballando, agás que deba permanecer no seu domicilio polas causas xerais que determinen os protocolos ordinarios de aplicación (persoa con síntomas de coronavirus, contacto estreito cunha persoa enferma...). Polo tanto, para determinar a especial sensibilidade deberán concorrer as circunstancias indicadas nos anexos I e II e proceder segundo o disposto na guía.

CANDO UN/UNHA TRABALLADOR/A SE ATOPE DENTRO DUN GRUPO VULNERABLE DOS SINALADOS ANTERIORMENTE, DEBERANSE SEGUIR OS SEGUINTES PASOS:

1. O/a traballador/a deberá presentar unha solicitude ante ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (prevencion.riscos.laborais@xunta.gal), no cal exprese que concorren causas para considerar o/a traballador/a como grupo vulnerable. (tfno do SPRRLL: 981 544 900)
2. O Servizo de Prevención de Riscos Laborais remitirá a solicitude ao servizo de prevención alleo con que está concertada a especialidade da medicina do traballo (na actualidade, Cualtis).
3. O médico especialista en medicina do traballo avaliará a solicitude recibida e solicitará ao/á traballador/a a documentación acreditativa da súa situación que resulte procedente.

De ser necesario, o Servizo de Prevención Alleo poderá solicitar un informe á unidade do/da traballador/a afectado en que se indiquen as tarefas e condicionantes específicos do posto de traballo.

Coa análise da devandita documentación e da relativa aos riscos existentes no centro de traballo da persoa solicitante, o facultativo emitirá informe.

Resulta obrigatorio para o/a traballador/a achegar toda a documentación requirida polo servizo sanitario; no caso contrario, entenderase que desiste da súa petición.

Mentres se tramita o informe do especialista, o/a traballador/a ten que continuar realizando o seu traballo, agás que se determine o contrario en aplicación dos protocolos da Consellería de Sanidade (o/a traballador/a presenta síntomas da enfermidade, tivo contacto estreito cunha persoa infectada...).

O informe que emitirá o servizo sanitario, deberá establecer algunha das seguintes medidas:

a. Establecer que non concorre especial sensibilidade no/na traballador/a e que haberá que seguir mantendo as medidas de prevención establecidas nas avaliacións de riscos específicas do posto.
b. Se hai novas circunstancias no posto de traballo que poden elevar o risco na saúde da persoa traballadora, realizará un informe de adaptación de posto en que se lle indiquen ao responsable da unidade as medidas de prevención, adaptación e protección que se deban adoptar. Estas medidas poderán consistir na adaptación do posto de traballo e a dotación dunha protección adecuada que evite o contacto ou de recolocación a outras funcións exentas de risco, tendo en conta as pautas incluídas no anexo I.
c. Como última medida e, unha vez acreditada a imposibilidade de realizar as medidas do punto anterior, o facultativo emitirá informe en que indique a imposibilidade de adaptación do posto de traballo e a imposibilidade de aplicar unha protección adecuada que evite o contaxio ou recolocación a outras funcións exentas de risco e, polo tanto, considerarase o/a traballador/a como especialmente sensible para os efectos da tramitación da incapacidade laboral.


Nesta situación, o/a traballador/a deberá acudir ao seu médico de atención primaria para tramitar a súa incapacidade laboral e comunicarllo á Xunta de Galicia.

Para efectos do estudo das circunstancias concorrentes para a declaración dun/dunha traballador/a como especialmente sensible, realizarase o estudo das patoloxías do traballador en relación co seu posto de traballo, avaliando especificamente o risco que supoñen as súas funcións en relación coas súas doenzas.

Cómpre destacar que se as circunstancias do posto de traballo non variaron respecto á situación previa da pandemia do coronavirus, non existe no/a traballador/a maior sensibilidade que a que existía con anterioridade.


Desde UGT valoramos a modificación do procedemento de forma negativa, porque entendemos que vai a entorpecer e dilatar o mesmo. En todo caso debera procederse á valoración do risco de exposición en función da natureza das actividades e dos mecanismos de transmisión, por este motivo manifestamos o noso posicionamento encontra das táboas aprobadas polo Ministerio posto que entendemos que asocian o risco exposición ás diferentes categorías profesionais e non en función da natureza das actividades e os mecanismos de exposición

UGT considera que a modificación aprobada polo Cecop debera ter contemplado:
- Que en ningún caso se procedese á reincorporación, ao posto de traballo, en tanto os informes da Avaliación estean realizados.
- Que é necesario que o/a responsable da unidade, de ser o caso, emita un informe acerca da imposibilidade de adaptación do posto para que sexa valorado desde o primeiro momento polo persoal sanitario do Servizo de Prevención.
- Que no suposto de imposibilidade de adaptación se procedese ao paso á situación dun permiso especial e extraordinario que contemplase esa situación, en lugar de abocar a ter que pasar á situación de Incapacidade Temporal.
- Que de xeito cautelar os maiores de 60 anos non se reincorporen.