O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA PROVOCA O CAOS NOS XULGADOS GALEGOS NA DESESCALADA


NOTA DE PRENSA DE UGT (DO 12/05/2020):

A día de hoxe os funcionarios no saben cando, como e en que condicións deben incorporarse aos Xulgados.

O director xeral de Xustiza provoca o caos nos xulgados galegos no proceso de desescalada polo COVID-19 ao renunciar á súa responsabilidade como xestor dos recursos humanos e materiais da Administración de Xustiza en Galicia. Nestes intres os funcionarios non saben cando, como e en que condicións deben incorporarse aos Xuzgados.

O día 11 de maio celebrouse unha reunión por videoconferencia entre as organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de xustiza e a Dirección Xeral de Xustiza. A reunión foi cualificada polo propio director xeral como “informativa”, polo que non permitiu ás organizacións sindicais negociar nada.

Nesta reunión “desinformativa”, e nun alarde de incompetencia, o director xeral foi incapaz de dar resposta a problemas tales como de que forma se farán os actos de comunicación que se deben realizar nos domicilios, con que medios contarán ou cantos funcionarios deben prestar servizo no 98% dos Rexistros Civís.

Tampouco determinou o persoal de cada categoría que debe acudir aos órganos xudiciais, o que pode provocar que as salas de vistas queden desatendidas, deixando en mans de funcionarios do Ministerio a organización das quendas de traballo, tarefa que lle competen por lei exclusivamente á Dirección Xeral de Xustiza.

Finalmente, publicou unha resolución ás 18:00 horas do día 11 de maio con data de entrada en vigor do 12 de maio pola mañá, o que acabou provocando definitivamente o caos, xa que dado a escasa marxe de tempo, os funcionarios descoñecían se debían acudir ou non aos seus postos de traballo ao día seguinte, debido a que non foran designados nin avisados. Así, son os propios funcionarios os que están a chamar para saber se teñen que traballar ou non, en medio desta desorganización total.

Co seu desinterese, o director xeral de Xustiza ademais de ocasionar unha enorme confusión e desorde nos xulgados galegos, claudicou da súa responsabilidade como xestor dos recursos humanos e materiais da Administración de Xustiza en Galicia e, con iso, devolveu as competencias ao Ministerio pola porta de atrás.

O comportamento da Dirección Xeral de Xustiza en toda esta crise foi caótico, non ditou unha resolución clara e abandonou a súa responsabilidade deixando en mans dos secretarios xudiciais (funcionarios do Ministerio, non da Xunta) a interpretación das mesmas.

Accesos as distintas publicacións nos medios de prensa:

LA VOZ DE GALICIA:

El CORREO GALLEGO:

GALICIA CONFINDENCIAL:

GALICI@PRESS:

FARO DE VIGO: