SERVIZOS ESENCIAIS – PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA


En aplicación da Resolución do 24 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se complementa e desenvolve a Resolución do 15 de marzo de 2020 na que se determinan os servizos mínimos esenciais na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.


1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

1.1. Cada unha das salas.- 1 XESTOR/TRAMITADOR.
1.2. Secretaría de Goberno.- 1 XESTOR/TRAMITADOR.
1.3. Gabinete Técnico da Presidencia: 1 XESTOR/TRAMITADOR.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

2. Audiencias provinciais:

2.1. Seccións civís.- 1 XESTOR/TRAMITADOR por cada dúas seccións ou fracción e 1 AUXILIO para todas as secciones.
2.2. Seccións penais e mixta: 1 XESTOR/TRAMITADOR, e 1 AUXILIO para cada dúas seccións ou fracción.
2.3. Oficina de Rexistro e Repartición: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

3. Xulgados unipersoais:

- Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución de gardaOS FUNCIONARIOS QUE EFECTÚAN O SERVIZO DE GARDA HABITUALMENTE, que se encargarán de apoiar a tramitación de causas con preso dos restantes xulgados..

- Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en violencia sobre a muller: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

- Xulgados de violencia sobre a muller exclusivos de A Coruña e Vigo: 1 XESTOR, 1 TRAMITADOR e 1 AUXILIO.

- Xulgados do penal: 1 XESTOR/TRAMITADOR para cada dous xulgados ou fracción desta clase do partido xudicial, e 1 AUXILIO para todos os xulgados.

- Xulgados do mercantil: 1 XESTOR/TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

- Xulgados de primeira instancia: 1 XESTOR/TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

- Xulgados de primeira instancia especializados en Dereito de Familia: 1 XESTOR/TRAMITADOR para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

- Xulgados do social: 1 XESTOR/TRAMITADOR, e 1 AUXILIO para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

- Xulgados do contencioso-administrativo: 1 XESTOR/TRAMITADOR, e 1 AUXILIO para todos os xulgados desta clase do partido xudicial.

- Xulgado de vixilancia penitenciaria: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

- Xulgado de menores: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

- Servizo común de notificacións e embargos: 1 XESTOR/TRAMITADOR e 1 AUXILIO.

- Decanatos - Oficina de rexistro e reparto: 1 XESTOR/TRAMITADOR en cada sede.

- Servizo común de atención ao cidadán e á vítima: 1 XESTOR/TRAMITADOR en cada oficina.

- Xulgados de paz: 1 FUNCIONARIO, cunha atención horaria reducida de 10:00 a 13:00 H.


Rexistros civís:

- Rexistros civís exclusivos: 2 XESTORES/TRAMITADORES.

- Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución con funcións de rexistro civil: 1 XESTOR/TRAMITADOR e 1 AUXILIO.

Fiscalías: deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais un 10% aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación P.A. e de auxilio xudicial de cada unidade.

- Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma: 1 XESTOR/TRAMITADOR.

- Fiscalías provinciais: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, 1 XESTOR/TRAMITADOR.

- Fiscalías de área: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, 1 XESTOR/TRAMITADOR nas de Santiago e Vigo.

- Seccións territoriais: 1 XESTOR/TRAMITADOR en cada sección territorial, para o servizo de garda.

6º Instituto de Medicina Legal:
- Os médicos forenses de garda.

A cobertura destes servizos mencionados anteriormente realizarase mediante unha quenda rotatoria diaria entre os funcionarios integrantes do persoal de cada órgano, no que se seguirá a orde alfabética dos seus apelidos, comezando pola letra A, agás que exista acordo voluntario interno no órgano afectado.