PROGRAMACIÓN DOS CESES E DOS PRAZOS POSESORIOS DO CONCURSO DE TRASLADOS XERAL DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO



Participamos a información facilitada pola Dirección Xeral de Xustiza:

A programación dos ceses e dos prazos posesorios do concurso xeral de Xestión, Tramitación e Auxilio (adxudicación de destinos publicada no BOE do 18 de febreiro de 2020) viuse afectada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na súa disposición adicional terceira sinalase:

1. Suspéndense términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
(...)
3. No obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a sua conformidade con que non se suspenda o prazo.

Consideramos (Dirección Xeral de Xustiza) que, en efecto, interrómpense os prazos mencionados no concurso xeral. Pero iso non impide que se algún funcionario quixera tomar posesión antes de que finalizara o prazo inicialmente establecido poida facelo.

Neste caso o funcionario deberá dirixir unha comunicación a súa Xefatura Territorial de destino coa documentación necesaria segundo a instrución publicada en data 11/02/2020 na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería por mor do concurso de traslados.

Xefaturas territoriais:






Acceso á documentación necesaria:
https://ugtjusticiagalicia.blogspot.com/2020/02/concurso-de-traslados-documentacion-e.html