EGAP - “XORNADA GOBERNANZA, EMPREGO PÚBLICO E BOAS PRÁCTICAS NA ADMINISTRACIÓN”


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2020 pola que se convoca a xornada Gobernanza, emprego público e boas prácticas na Administración.

Contidos:
– Os postulados da boa Administración: situación actual e perspectivas.
– A identidade corporativa do persoal empregado público.
– Gobernanza e boas prácticas na Administración.
– O impacto da intelixencia artificial no emprego público: o relevo interxeracional.

Persoas destinatarias:
A xornada está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento:
Data: martes, 17 de marzo de 2020.
Horario: de mañá e tarde.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Duración: 6 horas lectivas.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.