ACTIVIDADES DE FORMACIÓN PARA O PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA - EGAP


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución: Os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.