PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

 

No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:


RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.


Obxectivo: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial en que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.


Acceso á convocatoria (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201014/AnuncioG0177-061020-0001_gl.html