EGAP – FORMACIÓN: “WEBINARIO PROTECCIÓN DE DATOS A PARTIR DA PANDEMIA COVID-19”


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2020 pola que se convoca o webinario Protección de datos a partir da pandemia COVID-19.


O obxectivo principal desta actividade é tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos recollidos na devandita normativa.


Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais.

Data: xoves, 29 de outubro de 2020.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 11.30 ás 14.00 horas.


Acceso ao contido da Resolución EGAP 09/10/2020 (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201013/AnuncioG0597-091020-0002_gl.pdf