EGAP – II CURSO MONOGRÁFICO A INNOVACIÓN SOCIAL NO SECTOR PÚBLICO

 

No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2020 pola que se convoca o II curso monográfico A innovación social no sector público. 


Este curso ten como obxectivo principal familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.


Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración local, da Administración de xustiza (...)


Modalidade: teleformación.

Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2020.

Horas lectivas: 20.


A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso á convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201015/AnuncioO150-081020-0001_gl.pdf