UGT Xustiza Informa

MESA SECTORIAL DO 2 DE XUÑO: ASÍ VAI SER QUE NON!

Plataforma sindical

A plataforma sindical unitaria denuncia a actitude do Director Xeral de Xustiza, quen nega o caos organizativo nas oficinas xudiciais e vulnera os dereitos dos traballadores e traballadoras.

Malia a situación crítica, a Administración afirma que "todo vai ben" e que apenas houbo diminución da produtividade nos últimos cinco meses. Unha postura autocompracente que ignora por completo a realidade dos xudecais.

Incumprimentos e Negativas da Dirección Xeral de Xustiza:

  • RPT e Estructura: Négase a ampliar as RPT e a modificar a estrutura das oficinas para crear máis áreas ou equipos estruturais.
  • Especialización: Rexeita dividir os partidos xudiciais pequenos en áreas civil e penal.
  • Formación e Reforzos: Considera innecesaria a formación para o persoal reasignado forzosamente e rexeita recuperar a totalidade dos reforzos retirados.
  • Teletraballo Paralizado: Déixase sen efecto o borrador de normativa prometido en febreiro, sen calendario nin data de negociación.
  • Control e Transparencia: Non fiscalizará as decisións dos letrados directores nin permitirá a participación directa dos sindicatos na elaboración de protocolos.
  • Atrasos Tecnolóxicos: O programa ATENEA, prometido para maio, afróntase agora con atraso ata finais de ano.

Mobilización e Resposta Sindical: Ante esta falta absoluta de vontade negociadora, os cinco sindicatos da plataforma acordamos profundar no conflito e iniciar unha fase de mobilizacións en defensa dos dereitos de todo o colectivo.