UGT Xustiza Informa

MESA SECTORIAL DO 2 DE XUÑO DE 2026: INFORMACIÓN DETALLADA E ASUNTOS TRATADOS

Despois da denuncia conxunta da plataforma unitaria sobre o ninguneo institucional do Director Xeral, dende UGT facilitamos un resumo técnico e pormenorizado dos asuntos tratados na reunión do pasado 2 de xuño.

Malia a política de feitos consumados e o triunfalismo da Dirección Xeral de Xustiza (DXX) —que cualifica de "positiva" a situación actual do novo modelo organizativo—, a propia Administración trasladou as graves dificultades atopadas na súa implantación: mobilidade excesiva, atraso tecnolóxico nas Oficinas Municipais, disfuncións na DT 4ª (VSM), caos pola transformación dos xulgados de Instrución da Coruña e Vigo, e fallos continuos nas aplicacións do Ministerio (Lexnet, SIRAJ, REAX, PNJ).

1. Persoal, Bolsas e Teletraballo

  • Nova Bolsa de Interinos: Preto de 3.800 instancias presentadas. Listaxes provisionais previstas para o mes de agosto.
  • Vacacións Interinos: A DXX sostén que deben desfrutarse obrigatoriamente por existiren sentenzas nese senso, sen aboalas.
  • Criterio de Ceses e 3 Anos: Non se agardará á incorporación efectiva do titular para cesar ao interino. O prazo máximo de 3 anos computarase estritamente dende a entrada en vigor da nova orde.
  • Exclusións: Os interinos que aproben a oposición e soliciten excedencia por interese particular para seguir nas bolsas serán excluídos.
  • Parálise do Teletraballo: O borrador avanzado quedou sin efecto tras o novo modelo organizativo. O dereito queda paralizado, sen calendario nin data concreta ata estabilizar a situación.

2. Infraestruturas, Espazos e Saúde Laboral

  • Sinalética e Contactos: Sinalización exterior dos Tribunais de Instancia rematada; interior pendente. Solucións para teléfonos e correos aínda sen concretar.
  • Climatización e Radón: Sen plans integrais inmediatos, recorrendo ao envío de aparellos portátiles ("pingüinos"). Medicións de gas radón sen concretar datos, catalogadas como "non alarmantes".
  • Adecuación de Espazos por Cidades:
    • Vigo: Uso da 3ª planta.
    • Santiago: Valorando ampliación da 2ª planta.
    • Pontevedra: Apertura da 4ª planta para execución.
    • A Coruña: Atrasos por falta de conformidade do informe dos LAX.
    • Caldas de Reis: Renovación integral con criterios de eficiencia enerxética.

3. Implantación Tecnolóxica: Cronograma ATENEA

  • Fin de Minerva: Deixará de estar operativo definitivamente o 28 de febreiro de 2027.
  • Calendario ATENEA: Proba piloto en outubro de 2026 e numeración única para Tribunais de Instancia en 2027. Confirmouse que contará con versión en lingua galega.

4. Recortes en Permisos, Formación e Retribucións

  • Traxectoria Profesional en Baixas (IT): A DXX confirma que non a aboará durante os períodos de baixa laboral.
  • Exames de Galego: Négase a consideralos examen final; solo concederán as horas xustas para desprazamento e proba.
  • Negativa á Formación: Rexeito a cursos específicos para xefaturas e novo persoal interino, remitindo á autoformación en liña. UGT manifestou a súa total oposición.

5. Outras Problemáticas, Rogos e Preguntas

  • Audiencias Provinciais e Menores: Proposta para que a tramitación e execución das Audiencias de Pontevedra e A Coruña sexa asumida pola propia Audiencia.
  • Prazas Xudiciais e Fiscalías: En revisión as 19 prazas xudiciais iniciais polo CGPJ. Proxecto para 7 prazas de fiscais (sen atender aínda Ferrol e Pontevedra).
  • Xornada e Concurso: Horario de verán pendente da Orde do Ministerio. O Ministerio aínda non solicitou as vacantes para o Concurso de Traslados.
  • Reivindicacións de UGT: Cobertura urxente de vacantes, maior transparencia nas substitucións e creación dunha comisión de traballo conxunta (DXX, sindicatos e LAX directoras/es).