UGT XUSTIZA INFORMA

AULA TELEPRESENCIAL: ARQUIVO

En la intranet de xustiza se ha publicado la siguiente información:

Aula telepresencial | ARQUIVO: sesións de capacitación sobre o uso do sistema

12/05/2026

Xa está dispoñible a convocatoria de sesións de capacitación tecnolóxica sobre o uso do sistema ARQUIVO, que se celebrarán nos meses de maio e xuño de 2026.

Nestas sesións abordaranse os aspectos clave para a súa utilización, facilitando a xestión documental no traballo diario.

👉 Acceder á actividade na plataforma

Localización Data Hora Dirixida a Sesións Modalidade Contidos
Plataforma de capacitación 22/05/2026
25/05/2026
29/05/2026
01/06/2026
10:00 h - 11:30 h Servizos Comúns Xerais e Servizos Comúns de Tramitación 4 sesións
(1,5 h cada unha)
Aula telepresencial
  • Acceso e rexistro no arquivo
  • Xestión de tomos, pezas e préstamos
  • Expurgo e transferencia entre arquivos
  • Xestión de espazos

Pasos para realizar a inscrición nas sesións:

  1. Accedes á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
  2. Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
  3. Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
  4. Unha vez que accedas, reservas a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
  5. Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.