UGT XUSTIZA INFORMA
SESIÓNS FORMATIVAS SOBRE RISCOS DIXITAIS E PROTECCIÓN DA INFORMACIÓN
Na intranet de xustiza publicouse a seguinte información:
Ciberseguridade | Sesións formativas sobre riscos dixitais e protección da información dirixidas a todos os perfís
13/05/2026
Animámoste a que te inscribas nalgunha das sesións desta nova convocatoria de divulgação en materia de ciberseguridade, “Fundamentos de seguridade da información e principais ameazas”, dirixidas ao persoal da Administración de xustiza en Galicia.
Esta nova edición incorpora contidos actualizados para responder ás ameazas actuais, especialmente as impulsadas pola intelixencia artificial.
Durante o mes de maio celebraranse sesións presenciais nas sete principais cidades, dirixidas a todos os colectivos. Ademais, celebraranse dúas sesións telepresenciais para facilitar a participación no resto de localidades.
👉 Estou interesada/o en asistir
| LOCALIDADE | DATA | QUENDAS | MODALIDADE | PERFÍS DESTINATARIOS |
|---|---|---|---|---|
| Ferrol | 07/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| A Coruña (Capitán Juan Varela) | 11/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Lugo | 12/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Vigo | 12/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Pontevedra | 13/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Ourense | 14/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| A Coruña (Cigarreras) | 19/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Santiago de Compostela | 19/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| A Coruña (TSXG) | 25/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Presencial | Todos os perfís profesionais |
| Plataforma de capacitación | 28/05/2026 | 09:30 h a 11:30 h 12:00 h a 14:00 h |
Aula telepresencial | Todos os perfís profesionais |
Que hai de novo nesta edición?
- Intelixencia artificial: uso seguro da IA no ámbito laboral e riscos en privacidade e tratamento da información.
- Novas formas de fraude: deepfakes e suplantación de identidade, e casos reais e exemplos actuais.
- Ataques máis sofisticados: enxeñería social avanzada e técnicas máis difíciles de detectar.
- Aplicación práctica no día a día: dispositivos, navegación e contorno de traballo, e uso seguro de servizos e ferramentas dixitais.
- Ámbito Xustiza: criterios e recomendacións específicas, e uso de tecnoloxía e IA no contexto profesional.
Por que se recomenda asistir?
- Actualizar coñementos fronte a novas ameazas.
- Aplicar medidas reais no teu posto de traballo.
- Reducir riscos no ámbito profesional e persoal.
O xeito de inscribirte nas sesións presenciais é moi sinxelo:
- Accedes á actividade da plataforma de telecapacitación. Se non tes a sesión iniciada, pedirache que accedas co teu usuario Xunta ou correo corporativo.
- Premes no botón "Matricularme".
- Unha vez realizado o acceso, no apartado "Formulario de inscrición" aparecen as sesións dispoñibles.
- Eliges a que máis che conveña e premes "Reservar agora".
- Xa tes reservada a túa praza! Proximamente recibirás un aviso por correo.
Esperámoste!