UGT XUSTIZA INFORMA

MIGRACIÓN CONTAS DE CORREO @XUSTIZA.GAL

Na intranet de xustiza publicouse a seguinte información:

Aula telepresencial | Migración plataforma Xunta para as contas de correo @xustiza.gal (Tribunais de Instancia Únicos)

12/05/2026

Nos próximos días realizarase de forma progresiva unha migración das contas de correo @xustiza.gal á plataforma Xunta. Polo que cambiará a ligazón de acceso, a interface e as funcionalidades. O CSU informará con antelación ás persoas usuarias de cada conta de cando se realizará a migración. Para facilitar a xestión do cambio convócanse sesións de capacitación tecnolóxica dirixidas aos Tribunais de Instancia Únicos para aquelas persoas que queiran familiarizarse coa nova interface e funcionalidades antes ou despois da migración.

Reserva praza na sesión que mellor se adapte á túa dispoñibilidade.

👉 Acceder á actividade na plataforma

Localización Data Horario Dirixida a Sesións Modalidade Contidos
Plataforma de capacitación 13/05/2026
15/05/2026
18/05/2026
20/05/2026
09:00 h - 10:00 h
10:30 h - 11:30 h
Tribunais de Instancia Únicos 8 sesións
(1 h cada unha)
Aula telepresencial
  • Acceso ao novo correo corporativo
  • Xestión de varias contas de correo
  • Organización mediante cartafoles
  • Enviar, responder e reenviar mensaxes
  • Xestión da caixa de correo
  • Personalización da conta
  • Xestión da listaxe de contactos
  • Uso do calendario
Plataforma de capacitación 14/05/2026
19/05/2026
21/05/2026
10:00 h - 11:00 h
11:30 h - 12:30 h
Tribunais de Instancia Únicos 6 sesións
(1 h cada unha)
Aula telepresencial
  • Acceso ao novo correo corporativo
  • Xestión de varias contas de correo
  • Organización mediante cartafoles
  • Enviar, responder e reenviar mensaxes
  • Xestión da caixa de correo
  • Personalización da conta
  • Xestión da listaxe de contactos
  • Uso do calendario

Pasos para realizar a inscrición nas sesións:

  1. Accedes á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
  2. Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
  3. Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
  4. Unha vez que accedas, reservas a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
  5. Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.