FORMACIÓN – EGAP: CONVOCADO O “WEBINARIO” A LEI 10/2021, DO 9 DE MARZO

 

No DOG do 09/02/2022 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:


RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022 pola que se convoca o webinario A Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.


Esta actividade persegue o obxectivo de dar a coñecer a recente Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten por obxecto a regulación da acción exterior do sector público autonómico fóra do territorio nacional español, así como establecer regras tendentes a facilitar a acción exterior das restantes entidades públicas galegas, a mellor coordinación e cooperación entre todas as administracións públicas galegas e a colaboración destas cos axentes privados galegos con presenza, proxección ou intereses no exterior.


Data: xoves 24 de febreiro de 2022.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas.


O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 22 de febreiro de 2022.


Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220218/AnuncioO150-140222-0001_gl.pdf