EGAP – CONVOCADAS AS ACTIVIDADES FORMATIVAS QUE COMPOÑEN O PLAN FORMATIVO OFIMÁTICO DE GALICIA

 

No DOG do 01/02/2022 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). .


Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a seguir se relacionan:

- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

- Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

- Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

- Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

- Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

- Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

- Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).

- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).


O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.


Acceso ao contido completo da convocatoria do curso (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioO150-200122-0001_gl.pdf