EGAP: CONVOCA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O PERSOAL DESTINADO NA ADMINISTRACIÓN DE GALICIA

 

No DOG do 15/02/2022 publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública (EGAP):


RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.


Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.


O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Acceso ao contido completo da convocatoria (DOG):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioO150-070222-0001_gl.pdf