SUBSTITUCIÓNS AFECTADAS POLO CONCURSO DE TRASLADOS – HOXE ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITAR A CONTINUIDADE


Hoxe é o último día para solicitar a continuidade na substitución de conformidade con establecido no punto 4 da Instrución da Dirección Xeral de Xustiza relativa ao concurso de traslados convocado por resolución do 25 de xuño de 2019, publicada na Intranet o pasado 11/02/2020, que de seguido se recolle literalmente:

4.- Substitucións e comisións de servizo
1. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e que está desempeñando unha substitución en órganos desta comunidade autónoma poderá continuar na substitución ata que se incorpore (de forma efectiva) a persoa titular do posto ou finalice a causa que motivou a substitución, sempre que así o solicite previamente.
A dita solicitude deberá dirixirse por correo electrónico á Dirección Xeral de Xustiza (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) dentro dos tres días seguintes á publicación na Intranet da presente instrución, conforme o modelo anexo.”