No DOG do 04/02/2020 publicouse a seguinte disposición da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:
RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica
da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,
pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica
da saúde para o ano 2020 no ámbito da Administración xeral da
Xunta de Galicia.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no
formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no
Portax (Portal do Empregado Público da Xunta de Galicia) ou do OPAX
(Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza). A
inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A
falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. Toda
inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá
presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
O prazo de inscrición rematará transcorrido 2 meses contados a
partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG,
agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao
traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o
persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das
vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida
xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
As/os responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os
medios necesarios para a inscrición.
Máis información: