FORMACIÓN: XORNADA “COMO LOITAR CONTRA A APOROFOBIA, O ODIO E A DESINFORMACIÓN DESDE A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA”


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2020 pola que se convoca a xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública.

O obxectivo principal desta xornada é dotar ao alumnado dos coñecementos e competencias necesarias para prevención de situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

A xornada está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Desenvolvemento: Data: xoves, 20 de febreiro de 2020. Horario: de mañá e tarde. Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela. Duración: 8 horas lectivas

Máis información:
Enlace ao DOG (Resolución 29/01/20 EGAP)