CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA - EGAP


No DOG de hoxe publicouse a seguinte disposición da Escola Galega de Administración Pública:

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a VI Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

 As persoas destinatarias desta actividade son, entre outros, o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais.