INSTRUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA RELATIVA AO CONCURSO DE TRASLADOS CONVOCADO POR RESOLUCIÓN DO 25 DE XUÑO DE 2019
A
Dirección Xeral de Xustiza emitiu unha instrución en
relación ao concurso de traslados co seguinte literal:
“O vindeiro 18 de febreiro publicarase no BOE e mais no DOG a
Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve
definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre
funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e
administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de
auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante
Resolución do 25 de xullo de 2019.
Conforme a referida resolución, dítanse as seguintes instrucións:
1.- Cesamentos
Tramitación procesual e administrativa: 21 de febreiro de 2020.
Xestión procesual e administrativa e mais auxilio xudicial: 25
de febreiro de 2020.
2.- Tomas de posesión
O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde presta
servizos disporá de 3 días hábiles para a súa incorporación ao
novo destino e de 8 días se hai cambio de localidade, e de 20 días
hábiles ou un mes segundo a comunidade de procedencia.
Os prazos empezarán a contar dende o día seguinte á data do
cesamento.
No caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das
datas indicadas na praza doutro que tamén obtivo destino no
concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do
reingresado, empezando a contarlle nese momento o seu respectivo
prazo posesorio.
3.- Formalización dos cesamentos e tomas de posesión
Tanto os cesamentos coma as tomas de posesión realizaranse na
xefatura ou delegación territorial correspondente:
Xefatura
Territorial da Coruña,
Servizo
de Xustiza,
Praza
de Luís Seoane, s/n,
Edificio
Administrativo Monelos,
15008 A
Coruña.
Tfno.
981184472/981184456
Xefatura
Territorial de Lugo,
Servizo
de Xustiza,
Rolda
da Muralla, nº 70,
27071
Lugo.
Tfno.
982294308/982294360
Xefatura
Territorial de Ourense,
Servizo
de Xustiza,
Paseo
da Habana, nº 79,
32004
Ourense.
Tfno.
988386408
Delegación
Territorial de Vigo,
Servizo
de Xustiza,
Rúa
Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201
Vigo (Pontevedra).
Tfno.
986817716/986817788
Por cuestión organizativas, a formalización da toma de posesión
terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas, mentres que a dos
cesamentos se realizará entre as 11.30 e as 14.00 horas, de luns a
venres.
No caso de ter que cesar nunha localidade na que o día 25 de
febreiro sexa festivo, o funcionario cesará no día seguinte hábil.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade, ou en
distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións
poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de
formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa
resolución de adxudicación.
4.- Substitucións e comisións de servizo
1. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e que
está desempeñando unha substitución en órganos desta comunidade
autónoma poderá continuar na substitución ata que se incorpore (de
forma efectiva) a persoa titular do posto ou finalice a causa que
motivou a substitución, sempre que así o solicite previamente.
A dita solicitude deberá dirixirse por correo electrónico á
Dirección Xeral de Xustiza (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal)
dentro dos tres días seguintes á publicación na intranet da
presente instrución, conforme o modelo anexo.
2. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e que
está desempeñando unha comisión de servizos en órganos desta
comunidade autónoma poderá continuar na comisión de servizos na
correspondente praza, sempre que así o solicite previamente no caso
de que esta non fora adxudicada no concurso de traslados.
A dita solicitude deberá dirixirse por correo electrónico á
Dirección Xeral de Xustiza (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal)
dentro dos tres días seguintes á publicación na intranet desta
instrución, conforme o modelo anexo.
3. Exceptúase da posibilidade de permanencia na substitución ou
comisión de servizos o persoal que obtivera unha praza no concurso
de traslados como consecuencia do reingreso no correspondente corpo.
4. Ao persoal adxudicatario dunha praza no concurso que opte por
continuar na substitución ou comisión de servizo non lle será de
aplicación o prazo posesorio previsto no punto 2.
5.- Persoal interino
O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose
adxudicada no concurso cesará de conformidade co previsto no artigo
21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de
persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. De haber
máis dun funcionario interino no mesmo órgano, o cesamento
producirase aplicando os criterios de cesamento fixados no mesmo
artigo.
6.- Desfrute de vacacións, permisos e licenzas
O persoal que obteña praza no concurso e se atope gozando de
vacacións, permisos ou licenzas cesará o primeiro día natural tras
o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que teñan concedido
un permiso ou licenza pendente de gozar deberán solicitalo de novo
no destino adxudicado.
Toma de posesión:
Continuidade no posto - Substitución/Comisión de servizos: