CURSOS – CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA - TELEFORMACIÓN



No DOG do 03/02/2020 publicouse a seguinte disposición da Axencia para a Modernización Tecnolóxica De Galicia:

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Obxecto: Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.
Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
Datas de realización: do 2 de marzo ao 24 de maio de 2020.
Solicitudes de participación: 1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal). 2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. 3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.