UGT Xustiza Informa

ROLDA DE PRENSA CONXUNTA: CAOS E COLAPSO POLA IMPLANTACIÓN DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA EN GALICIA

Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO comparecemos conxuntamente en rolda de prensa para alertar sobre o grave deterioro da Administración de Xustiza en Galicia trala implantación dos tribunais de instancia e a aplicación da chamada Lei de Eficiencia, esixindo a dimisión inmediata do Director Xeral de Xustiza.

1. Caos organizativo e perda de calidade

  • Ordes contraditorias e cambios continuos nas directrices de traballo.
  • Falta absoluta de coordinación e exclusión da representación do persoal das negociacións.
  • Reorganización caótica con edificios saturados e outros infrautilizados.
  • Desmantelamento de áreas clave como a execución de resolucións xudiciais.

2. Consecuencias graves para o servizo e o persoal

  • Atrasos históricos: procedementos ata un 50% máis longos e xuízos sinalados a tres anos vista.
  • Sobrecarga insostible e incremento sen precedentes das baixas por incapacidade temporal.
  • Prolongación diaria de xornada sen compensación por parte do persoal.
  • Deterioro grave da atención á cidadanía e da tutela xudicial efectiva.

3. ESIXIMOS A DIMISIÓN DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA

Sinalamos á Dirección Xeral como responsable política desta implantación improvisada, sen diálogo social e consentindo actuacións contrarias á legalidade (asignación de funcións indebidas e tarefas de Violencia sobre a Muller a persoal sen código RPT).

4. Propostas e Reivindicacións Sindicais

  1. Ampliación real das relacións de postos de traballo (RPT).
  2. Cobertura inmediata de vacantes e baixas mediante interinos, substitucións e reforzos urxentes.
  3. Creación de equipos de traballo estruturais que eviten rotacións arbitrarias.
  4. Respecto estrito á legalidade e fin das instrucións irregulares.
  5. Sistema informático moderno, operativo e sen incidencias.
  6. Formación especializada e presencial.
  7. Implantación efectiva do teletraballo recoñecido legalmente.

En Galicia, a chamada Lei de Eficiencia converteuse nunha auténtica "Lei de Deficiencia" en recursos humanos, medios tecnolóxicos, organización e diálogo social. Esta denuncia foi recollida por diversos medios de comunicación como RNE, Cadena SER, Onda Cero, COPE, Faro de Vigo e a Axencia Europa Press.