TRAXECTORIA PROFESIONAL SOLICITUDES ESTIMADAS E DESESTIMADAS

UGT JUSTICIA INFORMA

TRAXECTORIA PROFESIONAL SOLICITUDES ESTIMADAS E DESESTIMADAS

Hoxe publícase no DOG a resolución do 23 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I, do grao II e do grao III da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. 

A persoa solicitante debe entrar na Opax e comprobar a estimación ou desestimación da súa solicitude. 

O complemento de traxectoria farase efectivo na nómina do mes de maio, incluíndo o aboamento dos atrasos correspondentes.

Enlace ao DOG:

👉https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260504/AnuncioG0759-240426-0001_gl.html