A PRESIÓN DA MAIORÍA SINDICAL CONSEGUE QUE A DXX RESPOSTE
No día de onte, as cinco organizacións sindicais que conformamos unha plataforma común fronte a desastrosa implantación da Numo en Galicia (SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO), recibimos un correo remitido pola Direción Xeral de Xustiza, no que, sinópticamente, nos comunicaban a súa intención de convocarnos a unha próxima mesa sectorial, que (segundo eles) por motivos de documentación e informes non podería ser antes de finais deste mes de Maio.
Esta convocatoria non foi remitida pola vontade negociadora da DXX, senón que foi froito da PRESIÓN exercida polas cinco organizacións tras a celebración de concentracións en Santiago, Vigo e Coruña, así como asambleas informativas en Ferrol e, no día de hoxe, en Lugo.
As cinco organizacións, insistimos reiteradamente en datas pasadas na necesidade de celebrar unha mesa para analizar a implantación da Numo en Galicia, estudar as súas eivas e valorar entre todos unha solución para mellorar todas as carencias. Pero non foi ata que comezamos con estas concentracións e asambleas cando a DXX se dignou a respostar. E iso, no ultimo día e a última hora do prazo que lle concedemos, e que remataba no día de onte.
Como xa informamos con anterioridade, esa mesa tería que levar como orde do día os puntos que esta plataforma propón como inexcusable obxecto de negociación e que son os relativos á ampliación de RPT`s e reforzos temporais previos, eliminación de sobrecargas de traballo, creación de equipos estruturais, eliminación de decisión arbitrarias dos Letrados Coordinadores, actualización dos programas, formación presencial e eficiente, implantación do teletraballo e racionalización dos espazos físicos.
🔉🔊Por todo iso, consideramos fundamental A VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN NAS ASAMBLEAS que estamos a celebrar por toda Galicia. ‼️A vosa implicación será a nosa forza. ‼️