📢Denunciamos o cese de persoal interino sen cobertura efectiva da praza e a aplicación retroactiva da Orde de 2026
Dende UGT presentamos o día 13 de maio unha queixa formal ante a Valedora do Pobo contra a Dirección Xeral de Xustiza para denunciar dúas actuacións da DXX que consideramos contrarias á legalidade e gravemente prexudiciais tanto para o persoal interino como para o funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia.
A administración está a incorrer en dúas prácticas que consideramos contrarias a dereito:
Aplicación retroactiva da Orde de 2026: Estase a aplicar a nova normativa de xeito retroactivo a bolsas de traballo que aínda se rexen pola Orde de 2018, malia que a propia disposición transitoria da norma establece que, mentres non existan novas bolsas definitivas, deben seguir facendo nomeamentos de acordo coa Orde do 2018. UGT considera que esta práctica vulnera o principio de seguridade xurídica e a prohibición constitucional de retroactividade das disposicións restritivas de dereitos.
Cesamentos sen cobertura efectiva: Estanse producindo ceses automáticos cando o titular se xubila, obtén outro destino ou perde a reserva do posto, aínda que ningún funcionario ocupe realmente a praza. Isto deixa postos baleiros durante semanas ou meses, paralizando expedientes e sobrecargando ao resto de compañeiros.
UGT lembra que tanto o Tribunal Supremo como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (de febreiro de 2025) teñen establecido que o cesamento do persoal interino só pode producirse cando exista unha cobertura efectiva da praza por un funcionario de carreira, e non simplemente porque se inicie un procedemento de provisión ou a praza pase a ser vacante.
📉 Consecuencias para o servizo e a cidadanía
Esta forma de actuar da Dirección Xeral de Xustiza non é só un problema laboral; é un ataque á eficacia da Xustiza:
Parálise de procedementos: Semanas sen postos sen cubrir en calquera área e retrasos na tramitación dos procedementos.
Arbitrariedade: Elíxese a interpretación máis daniña para o traballador e para o servizo público.
Esiximos que investigue estes feitos e inste á Dirección Xeral a:
Respectar o réxime transitorio da Orde de 2026.
Cesar ao persoal interino só cando exista cobertura efectiva da praza, evitando que as prazas queden baleiras por sistema.
Adoptar medidas que garantir a continuidade do servizo público e eviten novas situacións de desocupación de postos na Administración de Xustiza de Galicia.
Non imos permitir que a Xustiza en Galicia funcione a base de parches e inseguridade xurídica.
¡ASÍ VAI SER QUE NON!