CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
Publicada
hoxe en DOG a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que
se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos
de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de
lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
OS CURSOS CONVÓCANSE NAS
MODALIDADES
- Presencial
relacionados no anexo II (niveis Celga 3 e 4)
- En liña relacionados no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).
PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán
ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por
aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
SOLICITUDES E PRAZO
- Prazo para presentar as solicitudes
- 15 días hábiles a partir do seguinte ao da
publicación desta
resolución no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado
ao primeiro día hábil seguinte.
- SOLICITUDES:
- Cursos presenciais:
Cubrir o formulario de solicitude, que se
publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de
Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os
formularios de solicitude estarán dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal
- As solicitudes presentaranse:
Preferiblemente: vía electrónica a través do formulario
dispoñible: https://sede.xunta.gal
Opcionalmente: en calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa.
Para a presentación electrónica poderá empregarse
calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede
electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365)
- Cursos en liña:
Cubrir o formulario de solicitude, que se
publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Formularios de solicitude dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal
Presentaranse obrigatoriamente por medios
electrónicos a través do
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación
e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de
usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
Enlace á publicación:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf