O vindeiro 9 de agosto de 2012 publicarase no Diario Oficial de Galicia
a Resolución do 30 de xullo de 2012 da dirección
da Escola Galega de Administración Pública pola que se convocan as
accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de
xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación desta convocatoria no
Diario Oficial de Galicia as 08:00 h e rematará o 10 de setembro as 14:00 h.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2012
A dirección da Escola Galega de Administración Pública