CURSOS EGAP: ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2012 pola que se convocan accións formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

A Administración pública en xeral e, en particular, a Administración de xustiza de Galicia debe contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, que dean resposta ás súas demandas e problemas.
Para cumprir este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr unha Administración máis doada, áxil e eficaz. Desde esta perspectiva, a Escola Galega de Administración Pública pretende potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación e o perfeccionamento dos empregados públicos.
O IV Acordo de formación para o emprego das administracións públicas, subscrito entre as organizacións sindicais representadas na Comisión Xeral de Formación para o Emprego das Administracións Públicas, sinala que a formación de todos os empregados públicos constitúe unha necesidade imprescindible para conseguir os obxectivos permanentes de eficacia e de modernización.
Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2012 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse os cursos de formación para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia do ano 2012, cuxas bases, características e contidos son detallados nos anexos desta resolución.

ACCEDE A LA RESOLUCIÓN.