UGT XUSTIZA INFORMA

PROXECTO PILOTO DE FORMACIÓN PRESENCIAL NO USO DE DESFIBRILADORES: APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN


A Dirección Xeral de Xustiza pon en marcha un proxecto piloto de formación no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), dirixido a todo o persoal que traballa nos órganos xudiciais de Galicia. Esta primeira edición contará cun total de 65 prazas para este persoal. O número de prazas é limitado co fin de valorar a execución do proxecto piloto e a súa organización de cara a sucesivas edicións.


As sesións serán presenciais e desenvolveranse nas sedes da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra, en grupos reducidos. A previsión é executar este proxecto piloto antes de finais deste ano 2026. As datas, os horarios e os lugares concretos comunicaranse unha vez organizada a distribución dos grupos.


O persoal interesado poderá solicitar praza no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a través da remisión dun correo electrónico a xustiza@xunta.gal,  achegando os seguintes datos:


- Nome e apelidos.
- Órgano xudicial e unidade de destino.
- Sede na que solicita realizar a formación.
- Correo electrónico corporativo e teléfono de contacto profesional.


As solicitudes recibidas teranse en conta ata cubrir as 65 prazas dispoñibles. A presentación da solicitude non supón a confirmación automática da praza. A distribución das prazas e dos grupos realizarase en función das solicitudes recibidas e da dispoñibilidade en cada sede, tendo en conta a organización das sesións nas que tamén participará persoal da Garda Civil destinado nas sedes xudiciais.

No caso de que o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza nesta primeira edición teranse en conta para sucesivas edicións do proxecto.


A confirmación da participación e os detalles da sesión asignada comunicaranse ás persoas interesadas a través do correo electrónico facilitado.