UGT XUSTIZA INFORMA
AULA TELEPRESENCIAL DICIREG: CAPACITACIÓN PARA OFICINAS XERAIS E COLABORADORAS
Ábrese o prazo de inscrición para as sesións de capacitación tecnolóxica sobre o sistema Dicireg que se celebrarán durante o mes de novembro, dirixidas ás oficinas xerais e colaboradoras dos rexistros civís.
Cada curso consta de dúas sesións telepresenciais:
- Sesión 1: capacitación tecnolóxica.
- Sesión 2: casos prácticos e repaso de dúbidas da capacitación tecnolóxica.
Antes do comezo do curso, enviaranse por correo os casos prácticos que se explicarán na sesión 2.
É necesaria a asistencia de todo o persoal incorporado recentemente aos rexistros civís. Así mesmo, recoméndase a participación do resto do persoal que precise reforzar os seus coñecementos sobre o sistema Dicireg.
Mes de novembro: curso 1
| Sesión | Oficinas | Data | Horario |
|---|---|---|---|
| Sesión 1: capacitación tecnolóxica | Oficinas xerais e colaboradoras | 05/11/2026 | 10:00 h - 13:00 h |
| Sesión 2: casos prácticos e repaso de dúbidas da capacitación tecnolóxica | Oficinas xerais e colaboradoras | 06/11/2026 | 10:00 h - 11:30 h |
Instrucións para a matriculación, reserva de praza e acceso ás sesións
- 1Accede á actividade na plataforma de capacitación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta e o contrasinal.
- 2Se non estás matriculado/a na actividade, preme no botón "Matricularme".
- 3Ao acceder á actividade verás as opcións de reserva de praza dispoñibles para cada curso.
- 4Reserva a túa praza no curso que desexes.
- 5O día e hora da sesión reservada, accede de novo á actividade e, na sección "Sesións telepresenciais", preme na ligazón correspondente para conectarte á sesión.