UGT XUSTIZA INFORMA
NEGOCIACIÓN DE HORARIO ANTE A DXX
Nos últimos meses está sendo unha práctica habitual da DXX autorizar prolongacións de xornada fronte a outras formas de provisión dos postos de traballo desocupados: reforzos, chamamento a interinos para cubrir baixas ou vacantes, etc.
A Resolución da Dirección Xeral de Xustiza que regula os horarios e o calendario laboral das oficinas da administración de xustiza en Galicia é do ano 2024.
O 21.9.2026 publicouse no BOE a Resolución do 15 de setembro do 2026, da Dirección Xeral para a Eficiencia do Servizo Público de Xustiza, que regula a duración da xornada xeral de traballo en cómputo anual e a duración das xornadas especiais en réxime de dedicación especial, equiparando a xornada do persoal de xustiza á establecida para a Administración Xeral do Estado.
Ante esta realidade, UGT XUSTIZA solicita á DXX a convocatoria dunha mesa sectorial para tratar entre outros asuntos a regulación da xornada e o horario de traballo na administración de xustiza en Galicia.