UGT XUSTIZA INFORMA
CURSOS CAPACITACION INTERINOS CONEXIÓN REMOTA
UGT solicita á DXX que, aos integrantes das bolsas de interinos que non completasen polo menos seis meses de servizos efectivos como persoal interino no respectivo corpo dentro dos últimos cinco anos inmediatamente anteriores á data do correspondente nomeamento, lles dean a opción de realizar a formación e a proba final desde outros lugares que non sexan o seu posto de traballo físico, debido aos numerosas obstáculos presentes no día a día da
oficina xudicial (atención presencial e telefónica ao público, celebración de
vistas, xuízos rápidos, etc), máxime cando en todos os postos está habilitado un
escritorio virtual personalizado para o acceso remoto, o que permite a conexión
en remoto á intranet de xustiza.