UGT XUSTIZA INFORMA

UGT ESIXE Á DIRECCIÓN XERAL A LISTAXE DE PRAZAS QUE SE OFRECERÁN AOS APROBADOS DA ORDE PJC/64/2024 E DO CONCURSO DE TRASLADOS


Ante a falta de información oficial e as numerosas consultas que nos estades a trasladar, dende UGT Xustiza Galicia presentamos un escrito formal ante a Dirección Xeral de Xustiza para esixir transparencia inmediata sobre o mapa de vacantes dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial.


Que demandamos á Administración?


 - Oferta do proceso selectivo: A concreción da relación de prazas en Galicia destinadas ao persoal aprobado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.


- Concurso ordinario de traslados: A publicación clara dos destinos que sairán a concurso para garantir o dereito á mobilidade do persoal titular.


Dende UGT continuaremos a presionar para que se faga pública esta información.


Seguiremos informando de calquera novidade en canto teñamos resposta oficial.