UGT XUSTIZA INFORMA

MÉDICOS FORENSES: PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DA BOLSA DE INTERINOS


Saíu publicada na intranet a Resolución do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de xustiza, convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.


Podes consultar a listaxe de persoas admitidas e excluídas neste enlace.

Listaxe


As listaxes poden consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".


O prazo para presentar alegacións é de 10 días hábiles. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación OPAX.

OPAX