UGT XUSTIZA INFORMA
INFORMACIÓN SOBRE A BOLSA DE INTERINOS
Na reunión da comisión paritaria de
interinos do 22 de setembro tratáronse as seguintes cuestións:
1. Información facilitada pola
Dirección Xeral:
O
venres día 25 está previsto que se publiquen as novas bolsas polo que nese caso
os chamamentos do día 30 de setembro serían polas novas bolsas.
O
día 30 de setembro intentarán que estea en funcionamento o envío de un SMS ás
persoas preseleccionadas.
Esperan
que en outubro se poidan cubrir máis prazas que nestes momentos están
desocupadas porque sobre todo na provincia de A Coruña as bolsas están
esgotadas.
O
número de integrantes das novas bolsas por
corpos e provincias:
A Coruña
Xestión: 281; Tramitación: 381; Auxilio: 659
Lugo
Xestión: 82; Tramitación: 126; Auxilio: 191
Ourense
Xestión: 68; Tramitación: 98; Auxilio:148
Pontevedra
Xestión: 191; Tramitación: 320; Auxilio: 517
Explicaron
que o proceso de formación das bolsas transcorreu con normalidade aínda que un
dato a destacar é que 316 persoas quedaron excluídas por non elixir bolsa.
Puntualizaron que a falta do aviso por SMS non exclúe da obriga de entrar na OPAX e aceptar as prazas cando a súa aceptación sexa obrigatoria.
2. Asuntos destacados:
- Apertura das bolsas para a actualización
dos méritos a pesares de que na anterior reunión da comisión paritaria de
interinos se acordara avaliar o criterio da frecuencia de apertura das bolsas,
a Dirección Xeral expresa que analizado o contido do artigo 11 da orde de
interinos non compete á comisión adoptar o criterio. É unha decisión do
Director Xeral que debe ser obxecto de negociación nunha mesa sectorial.
- Chamamentos urxentes, chamarase por
teléfono á persoa que corresponda segundo a súa posición na bolsa. Se a persoa non
contesta reiterarase o chamamento dúas veces máis. En canto á aplicación de
sancións para o suposto de que non se conteste á chamada é unha cuestión que
está pendente de avaliar polos servizos xurídicos.
- Formación: A formación inicial estase a
facer a través da intranet no posto de traballo, están buscando outras fórmula
pero descartan que poidan impartir unha formación ás persoas que compoñen as
bolsas previa ao nomeamento.
- Baremación dos cursos COMDIX: Non o
valoraron no apartado de formación porque consideraron que se trata dun
certificado de competencias dixitais. O que valoran son os cursos para obter o
COMDIX e tivérono en conta para acreditar a utilización do procesador de
textos.
- Concurso de traslados, non teñen
información. De momento o Ministerio non lle solicitou as prazas que están
dispoñibles para poder ofertar.
- Oferta de prazas aos aprobados no proceso
selectivo convocado pola Orde PJC 64/2024: de momento non teñen a relación
de prazas, en canto as teñan trasladarana ás organizacións sindicais.
- Teletraballo: comunicarán que na comisión se pediu negociar o teletraballo na próxima mesa.
Descarga o InformaT en formato PDF