UGT Xustiza Informa

PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS BOLSAS DE INTERINOS

Na páxina web da Consellería de Xustiza acaban de publicar a Resolución pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 13 de abril de 2026.

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX https://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Prazo para presentar alegacións: do 29.07.2026 ao 11.08.2026. As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática OPAX.

Información importante sobre as taxas:

A ausencia do pago total do importe da taxa dentro do prazo de presentación de solicitudes non é subsanable. Aquelas persoas solicitantes que non aboaron o importe completo sí que poderán subsanalo aboando o importe restante a través da Atriga – Pago de taxas e prezos (non se pode pagar a través de OPAX).

Dentro do prazo de alegacións debe achegarse a documentación acreditativa de ter realizado o pago en prazo ou das causas da exención total ou parcial, no seu caso.

Listaxes e documentación dispoñible

Podes acceder directamente a todas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos (Auxilio Xudicial, Tramitación Procesual e Xestión Procesual por provincias) e á resolución oficial a través do seguinte enlace oficial da Consellería: