UGT Xustiza Informa
SITUACIÓN E MEDIDAS DE CLIMATIZACIÓN NAS SEDES XUDICIAIS DE GALICIA
A Dirección Xeral de Xustiza (DXX) remitiu información en resposta ás solicitudes trasladadas por UGT e outras organizacións sindicais sobre os problemas de climatización nas distintas sedes xudiciais e a necesidade de adoptar solucións provisionais.
Actuacións e medidas previstas pola DXX:
- Equipos portátiles e medidas temporais: Estase a analizar a viabilidade técnica e material de instalar equipos portátiles de climatización para paliar de xeito provisional as altas temperaturas, dependendo da configuración das fiestras e da estrutura de cada inmoble.
- Avaliación edificio por edificio: Dando continuidade ao acordado na xuntanza do 9 de xuño, revisarase cada caso concreto para determinar se as intervencións encaixan nas obras de eficiencia enerxética xa previstas ou en curso.
- Criterio de priorización: As actuacións desenvolvense baixo criterios técnicos, priorizando aquelas sedes e dependencias que presenten unha situación máis crítica ou sensible.
⚠️ Seguimento prioritario: A DXX amosa o seu compromiso de dar prioridade ao seguimento destas incidencias para previr riscos na saúde e garantir unhas condicións de traballo axeitadas mentres non se execute a solución definitiva.