UGT Xustiza Informa
CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS (CURSO 2026/27)
No Diario Oficial de Galicia (DOG) publícase a resolución pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en varias Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galicia no curso académico 2026/27. Estes cursos están destinados, entre outro persoal, ao persoal da Administración de Xustiza que se atope en servizo activo.
Inscrición telemática:
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón:
🌐 Portal de inscrición EOI
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a EOI adxudicará as prazas mediante sorteo.
- 1º Cuadrimestre: Solicitude do 29 de xuño ao 10 de xullo de 2026. (Sorteo: 13 de xullo).
- 2º Cuadrimestre: Solicitude do 2 ao 13 de novembro de 2026. (Sorteo: 16 de novembro).
- 1º Cuadrimestre: Do 14 ao 23 de xullo de 2026.
- 2º Cuadrimestre: Do 17 ao 26 de novembro de 2026.
Nota: As datas de realización dos cursos e da proba final que figuran no Anexo II son orientativas. As datas concretas publicaranse nos taboleiros de anuncios e na páxina web de cada Escola Oficial de Idiomas.