UGT Xustiza Informa

MESA SECTORIAL CON O MINISTERIO: PROCESOS SELECTIVOS, CONCURSOS DE TRASLADOS E XORNADA DE 35 HORAS

Tralas preguntas formuladas por UGT na xuntanza co Ministerio de Xustiza, se nos trasladou a seguinte información de interese:

  • Auxilio Xudicial (Concurso de méritos - Orden JUS 1288/2022): A adxudicación de destinos publicarase a última semana do mes de xuño.
  • Tramitación Procesal (Quenda discapacidade - Orden JUS 1288/2022): O listado de aprobados/as publicarase antes de finais de xuño.
  • Xestión Procesal (Quenda discapacidade - Orden JUS 1288/2022): A listaxe de aprobados/as publicarase na primeira semana de xullo.
  • Cuerpos Xerais (Concurso de traslados): Publicarase antes de finais do mes de xullo.
  • Axudantes e Técnicos Especialistas do INTCF (Concurso): A publicación farase a vindeira semana.
  • Facultativos do INTCF (Concurso): Convocarase no mes de setembro.
  • Médicos Forenses (Concurso): Convocarase en outubro e resolverase antes de final de ano.
  • Promoción Interna (Listas complementarias): Se tras a toma de posesión hai persoal que xa tomou posesión como funcionario, publicarase unha listaxe complementaria de aprobados/as ampliando as listaxes.
⚠️ Xornada de 35 horas: Continúa pendente de publicación no BOE, sen data exacta confirmada polo Ministerio.