UGT ESIXE Á DXX QUE CONCEDA O PERMIDO PARA CONCURRIR A EXÁMENES FINAIS DA EGAP CONFORME O ESTABLECIDO NO ART. 5 DA RESOLUCIÓN, SEN RESTRICCIÓNS NEN CONDICIÓNS.
No día de hoxe, UGT presentou escrito na sede electrónica dirixido á DXX solicitando que se conceda o permiso previsto no art. 5 da Resolución para asistir a exames presenciais final en centro oficial, como son os de galego xurídico da EGAP.
Este permiso non está regulado de forma que permita interpretacións restrictivas nin restrictivas, polo que debe concederse tan so co acreditación oficial de asitencia ao mesmo.
O exame de Galego Xurídico é unha proba definitiva de aptitude en centro oficial.
Dende UGT denunciamos que calquera interpretación que limite o dereito a concorrer ao exame final de Galego Xurídico vai contra a lei. Se a DXX che denegou este permiso ou puxo trabas para a súa concesión:
Non te conformes.
Temos preparado un modelo de recurso en vía administrativa para defender os teus dereitos.
Contacta xa co teu delegado ou delegada de UGT.
Texto do escrito:
"I. OBXECTO.
Que se tivo coñecemento de consultas, incidencias e denegacións relativas á concesión do permiso previsto no Artigo 5 da Resolución da DXX para o persoal que concorre ao exame final presencial dos cursos de Galego Xurídico organizados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
II. FUNDAMENTOS XURÍDICOS.
O citado precepto establece, de forma taxativa, que o persoal funcionario gozará dun permiso “polos días da súa realización” para:
“Concorrer a exames finais, a probas selectivas para o ingreso nas administracións públicas ou á realización de probas definitivas de aptitude en centros oficiais”
Esta organización sindical defende que os exames finais dos cursos de linguaxe xurídica galega da EGAP encaixan de forma inequívoca neste suposto polas seguintes razóns:
- Natureza oficial da institución: A EGAP é o centro oficial de formación da administración pública galega dependente da Xunta de Galicia. En consecuencia, as súas probas de avaliación non poden quedar excluídas do ámbito de aplicación do precepto mediante interpretacións restritivas incompatibles coa propia natureza institucional do organismo.
- Carácter definitivo da proba: O exame final presencial de galego xurídico non é unha mera actividade formativa, senón unha proba definitiva de aptitude que culmina un proceso avaliativo e outorga unha certificación con plenos efectos na carreira e capacitación profesional e baremación do persoal de Xustiza.
-
Interpretación literal e
finalista da norma: O
Artigo 5 especifica que a duración será polos "días da súa
realización", sen efectuar limitación ningunha a permisos por horas nin
permitir interpretacións reducionistas baseadas en criterios organizativos
internos.
Calquera
interpretación restritiva que pretenda limitar este dereito a franxas horarias,
permisos parciais ou recuperación posterior da xornada:
-
contradí a literalidade do precepto,
-
desnaturaliza a finalidade do permiso,
-
e xera situacións de desigualdade e inseguridade xurídica
entre o persoal.
Este permiso tamén está recoñecido no artigo 48.d) del TREBEP, o cal dispón que os funcionarios público gozarán dun permiso “para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude, durante os días da súa celebración”.
III. REIVINDICACIÓN.
A interpretación restritiva deste dereito non só prexudica a conciliación e o desenvolvemento profesional, senón que desincentiva a formación e capacitación lingüística do persoal, obxectivo prioritario na Administración de Xustiza de Galicia.
IV. SOLICITUDE
Por todo o exposto, ESTA ORGANIZACIÓN SINDICAL SOLICITA:
Que por parte desa Dirección Xeral se dite instrución expresa, clara e de ampliación uniforme a todos os órganos de xestión de persoal confirmando que:
· Conforme ao artigo 5 da Resolución vixente, a asistencia ao exame final presencial dos cursos de galego xurídico da EGAP xera dereito a permiso retribuído polo día completo da súa realización.
· Non se poden impoñer limitacións horarias nin interpretacións restritivas non previstas na norma.
·
Abonda para a súa xustificación a acreditación oficial de
asistencia ao exame."