UGT Xustiza Informa

XESTIÓN PROCESAL (JUS/1288/2022): PRAZAS OFERTADAS EN ANDALUCÍA

Publicouse no BOE a Resolución da Secretaría Xeral de Servizos Xudiciais da Consellería de Xustiza de Andalucía, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Andalucía para as persoas aprobadas no proceso selectivo de acceso libre ao corpo de Xestión Procesal e Administrativa (convocado pola Orde JUS/1288/2022).

Instrucións para a presentación de solicitudes:

  • Prazo: 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación no BOE.
  • Lugar de presentación: Preferentemente a través do Rexistro Telemático da Xunta de Andalucía.
  • Alternativas: Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Administración Local e Función Pública (Plaza Nueva nº 1, 41071 Sevilla) ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.